Portada

Os Polos creativos están organizados didacticamente para fomentar:

  • a creatividade a través da superación de retos,
  • a consecución de proxectos, 
  • a resolución de problemas,
  • a realización de prototipos,
  • a construción de resultados tanxibles, etc.

Parten dunha visión ampla integrando o coñecemento en retos tecnolóxicos e dixitais en todos os campos do saber (humanidades, arte, ciencias sociais e naturais, artesanía, etc.), desde a aprendizaxe conxunta, colaborativa e comunitaria, baseada en actividades de experimentación e investigación.

Funcionan como nó de actividades variadas (IA, tecnoloxías intensivas, impresión 3D, microcontrol, IoT, robótica, ... ) fomentando o pensamento de deseño, o prototipado, a resolución de problemas e o desenvolvemento de competencias clave.

Arquivo de vídeo