Polo aeroespacial

O mundo aeroespacial ten unha grande importancia na educación actual ao inspirar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre o alumnado. A través do estudo deste campo, o alumnado desenvolve habilidades en múltiples áreas como matemáticas, física e enxeñaría, preparándose para carreiras innovadoras. 

A exploración do espazo motiva a investigación nos Polos e a colaboración con organismos relacionados, enriquecendo a formación académica. Incorporar contidos aeroespaciais de xeito transversal no currículo escolar promove a creatividade, o pensamento crítico e o espírito de descubrimento.

Baixo o paraugas do proxecto Polos creativos, incluénse dous proxectos relacionados co mundo aeroespacial: CanSat e MarumaSat.