MarumaSat
O proxecto MarumaSat é unha iniciativa da NOSA, Axencia Espacial Escolar Galega. Deste proxecto educativo forman parte un grupo de centros públicos galegos: IES Maruxa Mallo (Ordes), IES Miraflores (Oleiros), IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), IES Arcebispo Xelmirez II (Santiago de Compostela), CPI O Cruce (Cerceda) e IES Ferrol Vello.
O proxecto leva funcionando dende o curso 2014/2015. Ten como obxectivo principal levar ás aulas un modelo de traballo colaborativo a través do deseño e construción dunha cápsula estratosférica que, no terceiro trimestre de cada curso, realiza un voo suborbital.
Máis información deste proxecto na súa páxina oficial.