Polos creativos
Nunha segunda etapa, despois da experiencia e pilotaxe desenvolvidos nos 220 primeiros centros, e tendo en conta o éxito do programa neles, o programa esténdese a todo o sistema educativo, incorporándose a el todos os centros de Galicia. A orde do 23 de outubro de 2023 dá continuidade ao programa, recollendo os destinatarios, a xestión, a dotación e o apoio cunha nova rede de persoas asesoras.
Neste mapa aparecen recollidos os máis de 1.200 centros que se incorporan ao programa de innovación; na lenda resúmense os tipos de centros incorporados.
Autoría: Alberto Fortes Novoa