- Patrimonio natural
2. Que vai acontecer dentro do mundo virtual? Descrición breve.
Exploramos a fraga de Catasós, en Lalín, onde atoparemos un bosque mixto único de 4,5 hectáreas con árbores centenarias considerado entre os mellores de Europa.
Antes de saír pasear polo bosque, pódense recoller as castañas do chan, observar o pica piñeiros e tocar o ourizo cacho. Un panel explicativo caído mostra unha liña do tempo de diferentes acontecementos acaecidos desde 1700 ata 1984, ano en que o ciclón Hortensia o tirou.
3. A maxia que o fai posible esta experiencia. Tecnoloxía empregada.
- Realidade Virtual inmersiva 360°
- Modelado 3D (reconstrución dixital)
- Interacción básica (mirar, seleccionar, cambiar escena)
4. O corazón desta viaxe. Puntos salientables da exposición.
- Reconstrución dos sons da natureza
- Exposición inmersiva dun outono en Galicia
- Poder observar os castiñeiros máis altos de Europa nunha experiencia inmersiva.
- Apañar castañas no chan e buscar o ourizo cacho e o pica piñeiros antes de saír á Fraga
- Reparar nos aneis concéntricos do toro do castiñeiro
- Observar as cores do outono (amarelos, laranxas)
6. O que levarás contigo ao saíres. Que aprenden as persoas usuarias?
- Competencia cidadá
- Competencia dixital
- Competencia persoal, social e de aprender a aprender
7. Para seguir viaxando fóra do visor. Propostas didácticas.
Antes da RV:
- Traballar os tipos de árbores de Galiza e bosques autóctonos únicos, con carballos, castiñeiros, bidueiros e teixos repartidos por toda a comunidade.
- Destacar a importancia das árbores da natureza resaltando os perigos (enfermidades das árbores, incendios…), xa que son piares da vida na Terra, pois protexen a biodiversidade, regulan o clima e garanten recursos esenciais, contribuíndo directamente co cumprimento dos ODS 13 (Acción polo clima) e 15 (Vida de ecosistemas terrestres).
Durante a RV:
- Recoñecer os elementos propios do outono, as variacións cromáticas estacionais da flora galega, a degradación da clorofila o os pigmentos vexetais.
Despois da RV:
- Comparar a experiencia virtual cos bosques propios da contorna cun roteiro, analizando as árbores, a pegada humana, as súas cores e a flora e fauna.
