A orde do 21 de abril de 2022 abre a porta á creación do programa de innovación educativa Polos creativos. Esta orde establece as características e o procedemento para a selección dos centros participantes nel, no que os concorrentes tiñan que presentar un proxecto de centro para desenvolver en dous anos nese novo espazo.
Nesta primeira etapa entran no programa 220 centros de toda Galicia, e os Polos creativos comezan a andar cunha primeira dotación escollida polo centro dentro dun amplo catálogo de equipos e mobiliario. Esta importante dotación vai acompañada dunha formación para persoas coordinadoras en varias liñas e unha formación en centro para cubrir a demanda dos docentes.
No seguinte mapa interactivo atópase a información sobre todos eles; cada cor corresponde a unha categoría e nivel de centro.
Autoría: Alberto Fortes Novoa