Existen varios documentos para consultar en sendas ordes da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades. Estes documentos fan relación ao desenvolvemento das dúas convocatorias. A primeira delas correspóndese cos Polos creativos plus e a segunda cos Polos creativos. Poden revisarse nas ligazóns correspondentes.
Polos creativos plus:
ORDE do 21 de abril de 2022 pola que se crea o programa de innovación educativa Polos creativos e se establece o procedemento para a participación dos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
Polos creativos:
ORDE do 6 de outubro de 2023 pola que se dá continuidade ao programa de innovación educativa Polos creativos e se establecen instrucións para o seu desenvolvemento nos centros educativos dependentes desta consellería e nos centros privados sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para os cursos 2023/24 e 2024/25.
ORDE do 15 de outubro de 2025 pola que se establecen as instrucións para o desenvolvemento nos centros educativos dependentes desta consellería e nos centros privados sustentados con fondos públicos do programa de innovación educativa Polos creativos para o curso 2025/26 e seguintes.
