Rede de persoas asesoras

Acompañando aos centros educativos, ponse en marcha unha nova rede de apoio conformada por 35 docentes que, dende os centros de formación e recursos do profesorado, realiza labores de mentorización e acompañamento. O equipo de profesionais desta Rede conta cun perfil técnico con experiencia previa na xestión destes espazos, pero tamén con coñecementos pedagóxicos e tecnolóxicos especializados, que permitirán ofrecer o apoio necesario para sacar o máximo rendemento ás capacidades de cada Polo creativo.

Remote video URL

 

As persoas asesoras de Polos creativos desenvolven as súas funcións dende os sete centros de formación:

 
Centro de Formación e Recursos da Coruña6
Centro de Formación e Recursos de Ferrol3
Centro de Formación e Recursos de Lugo5
Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)5
Centro de Formación e Recursos de Pontevedra5
Centro de Formación e Recursos de Vigo6
Centro de Formación e Recursos de Ourense5