Acompañando aos centros educativos ponse en marcha unha nova rede de apoio conformada por 35 docentes que, dende os centros de formación e recursos do profesorado, realiza labores de mentorización e acompañamento. Entre as súas funcións destaca o apoio á coordinación do proxecto Polos creativos e ao equipo de dinamización do mesmo.
Os profesionais desta rede contan cun perfil técnico con experiencia previa na xestión destes espazos, pero tamén con coñecementos pedagóxicos e tecnolóxicos especializados que permitirán ofrecer o apoio necesario para sacar o máximo rendemento ás capacidades de cada instalación.
As persoas asesoras de Polos creativos desenvolven as súas funcións físicamente dende os 7 centros de formación:
Centro de formación e recursos | Persoas asesoras |
CFR Coruña | 6 |
CFR Ferrol | 3 |
CFR Lugo | 5 |
CAFI | 5 |
CFR Pontevedra | 5 |
CFR Vigo | 6 |
CFR Ourense | 5 |