Galiverso de Nadal

Image
Galiverso de Nadal

 

1. A que universo vas entrar? Tipo de experiencia.

  • Patrimonio inmaterial 

2. Que vai acontecer dentro do mundo virtual? Descrición breve.

No Galiverso de Nadal entraremos na casa dunha mítica figura do Nadal galego, o Apalpador. Na casa do Apalpador as persoas poderán realizar diversas actividades como deixar unha mensaxe virtual no taboleiro, interactuar con varios xoguetes, e ata sentar a carón desta figura mítica e recibir unha sorpresa.

3. A maxia que o fai posible esta experiencia. Tecnoloxía empregada.

  • Realidade Virtual inmersiva 360° 
  • Modelado 3D (reconstrución dixital)
  • Simulación do movemento
  • Son espacial / binaural   
  • Interacción básica (mirar, seleccionar, cambiar escena)

4. O corazón desta viaxe. Puntos salientables da exposición.

  • Simulación dunha casa tradicional galega.
  • Observación e interacción co material da casa.
  • Interacción coa figura do Apalpador.
Remote video URL

5. Onde mirar para non perder o mellor. Elementos visuais destacados.

  • Tabolerio
  • Xoguetes
  • Figura do Apalpador        

6. O que levarás contigo ao saíres. Que aprenden as persoas usuarias?

  • Competencia en conciencia e expresión culturais    
  • Competencia persoal, social e de aprender a aprender

7. Para seguir viaxando fóra do visor. Propostas didácticas.

Antes da RV: 

  • A partir da lenda do Apalpador coñecer o patrimonio inmaterial galego, lendas e figuras mitolóxicas.
  • Relación con outras figuras míticas do Nadal doutras partes do mundo (Ded Moroz, Olentzero...). 

Durante a RV: 

  • Recorrer a casa do Apalpador interactuando con diferentes elementos da casa e co propio Apalpador.
  • Recoñecemento dos elementos que formaban parte dunha vivenda tradicional galega.

Despois da RV: 

  • Deseño de escenas ou situacións a partir da tradición oral. Léxico, tradicións, lendas, xogos tradicionais e cancioneiro asociado ás diferentes rexións galegas.