- Patrimonio arquitectónico
- Patrimonio natural
2. Que vai acontecer dentro do mundo virtual? Descrición breve.
O Galiverso empeza aquí é unha iniciativa da Xunta de Galicia que emprega a realidade virtual e outras tecnoloxías inmersivas para facer accesible, dun xeito innovador, o patrimonio material e inmaterial de Galicia. O público pode viaxar virtualmente por lugares emblemáticos das catro provincias, incluíndo espazos pechados. Contribuíndo á educación patrimonial e cultural da cidadanía mediante unha linguaxe tecnolóxica atractiva e está concibido como un proxecto en expansión.
3. A maxia que o fai posible esta experiencia. Tecnoloxía empregada.
- Realidade Virtual inmersiva 360°
- Modelado 3D (reconstrución dixital)
- Fotogrametría / escaneo 3D do patrimonio
- Iluminación volumétrica / texturas HD
- Son espacial / binaural
4. O corazón desta viaxe. Puntos salientables da exposición.
- Visión en altura
- Acceso a zonas non visitables
- Diferentes lugares das catro provincias
5. Onde mirar para non perder o mellor. Elementos visuais destacados.
- O solpor desde o Faro de Fisterra
- O interior da lanterna da Torre de Hércules (A Coruña)
- A cripta do Apóstolo en Santiago de Compostela
- A muralla romana de Lugo
- A torre de Xiá en San Paio de Narla (Lugo)
- O templo romano soterrado de Santalla de Bóveda (Mera, Lugo)
- O interior dunha palloza no Cebreiro (Lugo)
- O Mosteiro de Santa María a Real de Oseira (San Cristovo de Cea, Ourense)
- O canón do Sil entre as provincias de Ourense e Lugo
- O Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (Ourense)
- Os tellados da Catedral de Tui (Pontevedra)
6. O que levarás contigo ao saíres. Que aprenden as persoas usuarias?
- Competencia en conciencia e expresión culturais
- Competencia dixital
- Competencia persoal, social e de aprender a aprender
- Competencia cidadá
7. Para seguir viaxando fóra do visor. Propostas didácticas.
Antes da RV:
- Activar coñecementos previos sobre os lugares que se van visitar, localizándoos nun mapa de Galicia e identificando en que provincia están.
- Formular hipóteses e preguntas de investigación (Que tipo de patrimonio é? Que época histórica? Que usos tivo?)
- Traballar vocabulario básico (faros, canón, cripta, mosteiro, palloza…) e normas de uso responsable da realidade virtual.
Durante a RV:
- Tomar notas rápidas ou cubrir unha grella sinxela (que me chama a atención) para cada experiencia.
- Observar detalles arquitectónicos, naturais ou artísticos e comparalos entre lugares (semellanzas e diferenzas).
- Respectar as quendas, verbalizar impresións en voz baixa e relacionar o que se ve co explicado previamente na aula.
Despois da RV:
- Poñer en común as observacións en pequeno grupo e elaborar un mural, mapa interactivo ou presentación coas diferentes localizacións.
- Redactar un breve texto ou ficha patrimonial sobre unha das experiencias (por exemplo, o Faro de Fisterra ou a muralla de Lugo).
- Propoñer accións para coidar e difundir o patrimonio visitado e reflexionar sobre as vantaxes da realidade virtual para a accesibilidade.
