- Patrimonio natural
- Museística/colección
- Arqueoloxía
2. Que vai acontecer dentro do mundo virtual? Descrición breve.
No “Galiverso no corazón da pedra” pódense visitar sete enclaves únicos de Galicia, recreados en realidade virtual: a Cova Eirós (Lugo), a Cova do Rei Cintolo (Mondoñedo, Lugo), a Praia de Teixidelo (Cedeira, A Coruña), o Petróglifo do Castriño de Conxo (Santiago de Compostela), o xacemento romano de Aquis Querquennis (Bande, Ourense), o Penedo de Noiteboa (O Porriño, Pontevedra) e a escola de Canteiros de Poio (Pontevedra). Todos eles están relacionados co granito, unha das rochas máis representativas de Galicia.
3. A maxia que o fai posible esta experiencia. Tecnoloxía empregada.
- Realidade Virtual inmersiva 360°
- Modelado 3D (reconstrución dixital)
- Fotogrametría / escaneo 3D do patrimonio
- Interacción básica (mirar, seleccionar, cambiar escena)
4. O corazón desta viaxe. Puntos salientables da exposición.
- A importancia da pedra na identidade galega
- O patrimonio arqueolóxico e histórico relacionado co granito
- A diversidade natural e xeolóxica
- O uso da tecnoloxía para acceder a lugares inaccesibles
5. Onde mirar para non perder o mellor. Elementos visuais destacados.
- O oso da Cova de Eirós
- As pinturas rupestres e o petroglifo
- As pezas de pedra na escola de cantería de Poio
- A area negra da Praia de Teixidelo e a morrena glaciar
- O modelado cárstico
- A colonización e pegada romana
6. O que levarás contigo ao saíres. Que aprenden as persoas usuarias?
- Competencia en conciencia e expresión culturais
- Competencia dixital
- Competencia persoal, social e de aprender a aprender
7. Para seguir viaxando fóra do visor. Propostas didácticas.
Antes da RV:
- Facer unha choiva de ideas sobre o que significa a pedra en Galicia (canteiras, monumentos, petróglifos, construcións tradicionais).
- Preguntar: Que lugares de Galicia coñecedes feitos de pedra? (catedrais, castros, cruceiros, murallas).
- Pequena investigación por grupos: Cada grupo pode investigar un dos destinos que verán na visita virtual (Cova de Eirós, Rei Cintolo, Aquis Querquennis, Teixidelo…).
- Preparar un póster ou presentación breve con imaxes e datos curiosos.
- Obradoiro creativo: Traballar con arxila ou plastilina para que os alumnos creen pequenas esculturas inspiradas na pedra galega.
Durante a RV:
- Observar como a pedra está presente na arquitectura, na arte e na vida cotiá de Galicia.
- Reflexionar sobre o papel da cantería e da escultura como oficio tradicional.
- Fixarse nos enclaves como a Cova de Eirós (arte rupestre) ou o xacemento romano de Aquis Querquennis.
- Notar espazos singulares como a praia de area negra de Teixidelo ou o Penedo de Noiteboa.
- Valorar a riqueza xeolóxica e paisaxística que fai única a natureza galega.
Despois da RV:
- Entregar unha ficha con catro aspectos a observar: formas da pedra, elementos naturais, restos arqueolóxicos, uso da tecnoloxía.
- Preguntas de reflexión: Que sorprende máis? Que relación atopan entre natureza e cultura?
- Atención aos detalles visuais: Animar a fixarse en cores, texturas, sons e elementos interactivos.
- Diario de exploradores virtuais, Debate sobre os ODS: Relacionar a experiencia cos ODS 11 (Cidades sostibles) e 15 (Vida de ecosistemas terrestres).
