Galiverso O vello Portomarín

Image
Galiverso O vello Portomarín

 

1. A que universo vas entrar? Tipo de experiencia. 

  • Patrimonio arquitectónico
  • Reconstrucción histórica

2. Que vai acontecer dentro do mundo virtual? Descrición breve.

O visitante pode percorrer as rúas dunha vila que xa non se pode visitar na actualidade. Partiuse dun arquivo de 40.000 fotografías realizadas por José López, fotógrafo local de Portomarín que documentou o espazo antes da súa desaparición polo asolagamento producido pola entrada en servizo da presa de Belesar. Con esa base recreouse de maneira fiel e rigorosa como era esta vila.

3. A maxia que o fai posible esta experiencia. Tecnoloxía empregada.

  • Realidade Virtual inmersiva 360° 
  • Modelado 3D (reconstrución dixital)
  • Fotogrametría / escaneo 3D do patrimonio
  • Son espacial / binaural
  • Interacción básica (mirar, seleccionar, cambiar escena)  

4. O corazón desta viaxe. Puntos salientables da exposición.

  • Reconstrución das rúas de Portomarín recreadas partindo de documentos historiográficos e fotografías orixinais e respectando as curvas de nivel do terreo.
  • Exploración de elementos da época que remiten a tempos pretéritos mais sen persoas.
  • Elementos sonoros que reforzan a inmensión temporal na época.

Remote video URL

 

5. Onde mirar para non perder o mellor. Elementos visuais destacados.

  • O antigo hospital de peregrinos
  • A igrexa de Portomarín
  • O río Miño e a ponte sobre o río     

6. O que levarás contigo ao saíres. Que aprenden as persoas usuarias? 

  • Competencia en conciencia e expresión culturais
  • Competencia dixital
  • Competencia persoal, social e de aprender a aprender

7. Para seguir viaxando fóra do visor. Propostas didácticas. 

Antes da RV: 

  • Historia da enerxía hidroeléctrica en España. 
  • Repercusións da ditadura nos anos sesenta en Galicia.  
  • A fotografía como fondo documental.  
  • A recreación de escenas a partir de documentos históricos. 

Durante a RV: 

  • Identificación das diferenzas entre as rúas nos anos sesenta e as rúas hogano. 
  • Recoñecemento de elementos arquitectónicos.

Despois da RV: 

  • Causas e consecuencias da produción de enerxía hidroeléctrica Historias do camiño de Santiago (hospital de peregrinos)