Localizados nos sete centros de formación do profesorado, pódese atopar un espazo virtual para a solicitude do material de préstamo. Este material, cedido de xeito gratuíto, pode axudar ao desenvolvemento de proxectos de aula ou de centro mentres non chega a dotación definitiva.
En cada centro de formación hai dispoñible un catálogo de material xunto coas condicións particulares para a súa cesión. Co fin de informarse sobre as súas características e sacarlle partido ao material no período de préstamo, os centros solicitantes deben contactar coa persoa responsable da súa xestión.
Os prazos de préstamo adoitan ser de entre 15 días e 1 mes, e pódese escoller entre varios equipos do catálogo de cada centro de formación. Contacte con dada centro para máis información.