Eventos formativos

O obxectivo que subxace na creación dos Polos creativos é acompañar o alumnado e o profesorado para amosar proxectos inspiradores a toda a comunidade educativa. Ademais, o programa promove didácticas específicas, boas prácticas de aula no eido STEM e contactos con persoas influentes que acheguen novas ideas a este ecosistema educativo en expansión. 

Apoiándose neste obxectivo conxunto de compartir inquedanzas e recursos, realízanse grandes eventos de convivencia e aprendizaxe colectiva tanto ao inicio como ao final do curso.

Image
Evento na Cidade da Cultura