Camiño da eclipse

Xa estamos camiño da eclipse! Este espazo virtual  está dedicado a un dos fenómenos máis sobrecolledores da natureza, a eclipse.

Queremos que os Polos creativos sexan uns laboratorios de experimentación para unha observación segura deste fenómeno astronómico único. Cando a Lúa se interpón exactamente entre a Terra e o Sol, o día convértese en noite por uns instantes, permitíndonos observar a coroa solar en todo o seu esplendor.

Preme na imaxe para acceder ao espazo virtual.